A división do traballo por sexos xa existía de maneira parcial na Europa neolítica de fai 7.000 anos

Escena do período Neolítico nunha ilustración de Luis Pascual Repiso

21/4/2021
dolmendedombate.com / CSIC

A análise de máis de 600 tumbas en seis grandes necrópolis continentais mostra que había diferencias significativas nos útiles líticos empregados.

Entre mulleres e homes da Europa de fai 7.000 anos xa existía unha división do traballo por sexos -ao menos de maneira parcial-. Isto é o que revela a análise das ferramenas de pedra atopadas en necrópolis neolíticas centro europeas da República Checa, Eslovaquia, Alemaña, Francia e Austria. O traballo, publicado na revista científica PLOS ONE, foi coordenado dende a Institución Miá i Fontanals (IMF) do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e buscaba averiguar cales foron as actividades realizadas por un e outro sexo a inicios da revolución neolítica europea, un período vinculados á aparición e desenvolvemento da agricultura e a gandeiría como actividades humanas. No estudo tamén participaron o Centro Nacional Francés para a Investigación Científica (CNRS), a Universidade francesa de Estrasguro e a Universidade inglesa de York.

O equipo de investigación analizou 621 tumbas ben conservadas, 151 femininas, 137 masculinas, 36 probablemente femininas e 107 que non foi posible identificar, examinando cerca de 300 obxectos de pedra coma machadas, proxectís, láminas de sílex ou útiles macrolíticos.

O traballo mostra que os homes eran enterrados con machadas, que a miúdo foran usadas en actividades coma o descuartizado de animais, a tala de árbores, as tarefas e carpintería ou incluso a guerra. Ademáis, os homes tamén eran enterrados con puntas de frecha, vinculadas á caza ou a contendas bélicas.

A diferencia dos homes, as mulleres raramente eran enterradas con ferramentas, e as poucas veces que iso acontecía solían ser instrumentos relacionados co procesado de peles ou fibras de carácter orgánico. La distribución diferencial de ferramentas, así coma o desgaste óseo provocado por movementos repetitivos e frozados das extremidades relacionadas coas distintas tarefas pon de manifesto que estas comunidades consideraban algunhas actividades como un factor claramente ligado ao xénero, dando, a xuizo do equipo de investigación "unha poderosa visión das identidades sociais prehistóricas".

(Texto en español)