Un espectacular descubrimento de arte prehistórica achega o universo humano do Paleolítico

A peza, de 30 centímetros de lonxitude, representa dúas figuras humanas e unha ave coa súa cría / UB
17/8/2020
dolmendedombate.com/UB

Un equipo de investigadores da Universidade de Barcelona descubriu no xacemento de L'Hort de la Boquera (Tarragona) unha mostra de arte rupeste de fai 12.500 anos na que se representan dúas figuras humanas e dúas aves, algo que supón a terceira pintura desta época atopada en Europa con este tipo de temática.

A escena, representada nunha pedra caliza duns 30 centímetros de lonxitude, é unha das poucas atopadas ata o de agora que apuntan aos comezos dunha arte narrativa no continente e ademáis é de temática única, xa que combina  unha posible cacería cunha imaxe de maternidade que mostra unha ave coa súa cría.

Na representación as aves -presumiblemente grúas- captan a atención de dúas figuras humanas e estas as imitan ou perseguen. Segundo os investigadores da UB, o que a peza nos indica é que as aves non só foron valoradas como presas de caza, senón que tamén tiveron un valor simbólico para as sociedades paleolíticas europeas.

As figuras grabáronse nun bloque de pedra cun buril de sílex formando unha composición ben ordenada que supón unha das poucas mostra de arte paleolítico existentes en Cataluña, o que sitúa a este territorio dentro das correntes de produción artística do Paleolítico superior no Mediterráneo.

As demáis pinturas rupestres con seres humanos e aves que ata hoxe se tiñan localizado en europa son as do xacemento francés de Lascaux, un bastón perforado descuberno no abrigo de Mège (Teyjat, Dordoña, Francia) e a plaqueta do gran cazador do xacemento de Gönnersdorf (Alemaña).

(Texto en español)