Dolmen de Pedra da Lebre / vimianzo.gal |
dolmendedombate.com
Declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2011 e tamén coñecido como Anta de Serramo, este descoñecido monumento megalítico atesoura vestixios de antigua decoración neolítica en catro dos seus esteos.
Situado a uns 8 qm. do pobo coruñés de Vimianzo nunha paraxe recentemente acondicionada polo concello para a súa visita, o Dolmen da Pedra da Lebre, de tipoloxía poligonal e corredor curto, é o recordo do que un día foi, non se aprencian xa restos da mámoa orixinal e a súa cámara está alterada.
Sen embargo, o seu tesouro está no interior, pois a finais da década de 1990 descubríronse en catro das súas lousas leves mostras de pintura prehistórica negra e vermella que aportou unha datación orientativa -aínda suxeita a investigación- de entre o 5.300 e o 4.700 antes do presente (AP), o que o convertiría por dereito propio nun dos monumentos megalíticos máis antigos de Galicia.
Catro dos esteos do dolmen presentan vestixios de pintura prehistórica |
(Texto en español)