Agricultores e cazadores mezcláronse no continente europeo durante o Neolítico

Puntas de flecha no Museo Arqueolóxico da Coruña
8/8/2020
dolmendedombate.com/CSIC

Un estudo paleoxenético do Consejo Superior de Investigación Científicas (CISC) permitiu recuperar e analizar 180 xenomas de Hungría, Alemaña e España de fai entre 8.000 e 4.000 anos, revelando que os primeiros agricultores entrecruzáronse cos cazadores locais durante miles de anos e que o proceso da revolución neolítica foi máis complexo do que se pensaba ata agora.

O cambio do modo de vida cazador-recolector a agricultor representa a maior transición demográfica experimentada polo ser humano en millóns de anos. A agricultura surxe en Oriente Próximo fai uns 10.000 anos e posteriormente expándese cara Europa, onde en poucos miles de anos reemplaza ás comunidades cazadoras do mesolítico.

Aínda que dende fai algúns anos sábese que ambos grupos eran xenéticamente distintos grazas, en parte, ao análisis do xenoma mesolítico do "Home da Braña", en León, as dinámicas locais deste proceso de reemplazamento eran ata o de agora pouco coñecidas.

Grazas á investigación desenvolvida polo CSIC, determinouse que nos casos estudados, despois da chegada inicial dos primeiros agricultores, estes entrecruzáronse cos cazadores locais ao longo de varios séculos.

"Os xenomas dos agricultores do neolítico medio, final e do calcolítico da península ibérica mostran cerca dun 25% de compoñente xenético procedente de cazadores afíns á Braza, mentres que os de Europa central mostran afinidades con cazadores desa rexión" -afirma Carles Lalueza-Fox, investigador do Instituto de Bioloxía Evolutiva, un centro mixto do CSIC e a Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.

En futuras investigacións, a análise de máis individuos prehistóricos peninsulares axudará a completar o panorama do período neolítico e a entender os cambios xenómicos que tiveron lugar con posterioridade da edade dos metais.

(Texto en español)