Detalle da mámoa de Toén |
dolmendedombate.com
Un incendio forestal que arrasou este mes de agosto 220 hectáreas na parroquia de Moreiras fixo visible un monumento megalítico que agora catalogarase pola Consellería de Cultura para garantir a súa protección futuro.
Logo dunha visita á zona, os técnicos da Consellería redactaron unha ficha para avanzar na súa catalogación e proposta de inclusión no planeamento municipal da mámoa, que serviu para corroborar os indicios toponímicos ("A Medoña") que apuntaban á presenza dun ben arqueolóxico desta natureza.
Polo momento chegaron a unha serie de conclusións provisionais, como a de que o de Moreiras sería un túmulo de notables dimensións, cun diámetro aproximado de 28 metros e unha altura de 2,5. No xacemento, poden observarse os restos da súa coraza granítica e unha cámara na que é posible recoñecer a pedra de cabeceira e dúas laterais, así como outras dúas de calzo. Ademáis, o radio oriental é lixeiramente máis longo que o occidental, o que podería indicar a presenza dun corredor.
Finalmente, o elemento presenta evidencias de saqueo histórico, cun lateral norte alterado e os restos da coraza da mámoa en acopio sobre o túmulo.
(Texto en español)