A desigualdade de xénero naceu no Neolítico

Dolmen de Berdoias, en Vimianzo (Wikimedia Commons / Lameiro)
15/8/2020
dolmendedombate.com/US

Un grupo de especialistas da Universidade de Sevilla investigou o inicio do dominio masculino sobre a muller na prehistoria peninsular.

O equipo investigador, pertencente ao departamento de Prehistoria e Arqueoloxía evidenciou, nun traballo publicado en European Journal of Archaeology, que foi no Neolítico cando naceu a desigualdade de xénero que supuxo a orixe da dominación masculina en posteriores períodos históricos.

Para chegar a estas conclusións o grupo analizou, dunha banda, condicións de vida e aspectos demográficos e, por outro, prácticas funerarias. No primeiro grupo estudaron factores como a razón de sexto (proporción demográfica entre homes e mulleres), a dieta, os datos xenéticos, a mobilidade, as enfermidades máis comúns e os marcadores de estrés detectados.

No segundo grupo, consideraron datos como o tipo de enterramento, o carácter primario ou secundario do depósito, si se trataba dun enterramento individual ou colectivo, a organización espacial do mesmo, a posición e orientación dos corpos, os elementos de enxoval que se depositaban na tumba ou os xestos funerarios (signos de manipulación dos cadáveres, pigmentacións ou alteracións inducidas pola calor).

O estudo conclúe que a desigualdade entre homes e mulleres non estaba consolidada nen extendida de forma xeralizada no Neolítico peninsular. Sen embargo, aparecen de forma progresiva situacións que indican un dominio do home sobre a muller. 

RITOS FUNERARIOS E ROLES

A investigación apunta a catro grandes liñas nas que se pode investigar a desigualdade de homes e mulleres ao longo dos sucesivos períodos históricos: o acceso aos ritos funerarios, as condicións materiais da súa existencia, a aparición de roles sociais específicos para cada un dos xéneros e a crecente asociación do home coa violencia.

É precisamente este último aspecto o que máis evidente resulta no estudo. As feridas de frecha en corpos masculinos, o depósito de proxectís nas súas tumbas ou as representacións pictóricas (arte rupestre) de homes en labores de caza ou de guerra non teñen un paralelo equivalente entre as mulleres.

Por isto, a investigación apunta ao nacimento dunha ideoloxía que conectada aos hombres co exercicio da forza. Neste sentido, destacan que a creación de roles diferenciados en función dos xéneros e outras formas de desigualdade social de xénero xogaron un papel fundamental na aparición e desenvolvemento do entramado social