Cunca semiesférica atopada nas Cavidades do Folón (Coruxo, Vigo) |
6/8/2020
dolmendedombate.com/UB
Un estudo analizou os restos de pezas de entre 7.500 e 5.500 anos, chegando á conclusión de que a inxesta de láctos foi moi desigual entre as poboacións occidentais do continente.
Un equipo de investigación internacional, liderado pola investigadora Miriam Cubas, da Universidade de York (Reino Unido) e a Universidade de Oviedo, conseguiu recuperar residuos das actividades culinarias nas vasixas usadas polas sociedades prehistóricas de estas épocas, mostrando que houbo un menor consumo nas rexións do sur da costa atlántica, península ibérica e Francia fronte ás do norte do continente.
O análisis químico dos restos de grasas de animais, cera das plantas, aceites de pescado e resinas preservadas nas cerámicas prehistóricas permitiu aos investigadores explorar os distintos usos dos recipientes por parte das comunidades neolíticas.
Os resultados da investigación, publicada na revista Nature Communications, reflexan unha gran variación no uso das cerámicas entre estas comunidades. Entre os recursos identificados destacan os produtos lácteos, cuxa presencia incrementouse cara a zona norte de Europa, a rexión atlántica francesa e as illas británicas.
DIFERENCIAS ENTRE O NORTE E O SUR DE EUROPA
Os autores revelan que estas diferencias poden estar relacionadas coas diversas actividades ganadeiras, coa maior presenza do ganado vacún no norte e unha gandería centrada nas ovellas e as cabras no sur de Europa.
Na Península Ibérica estas prácticas culinarias reflexan unha importancia dos recursos cárnicos procedentes dos animais domésticos (ovella e cabra), que se introducen neses momentos. Trátase dunha das comparacións rexionais máis amplas que se teñen publicado ata o momento no uso da cerámica durante a prehistoria.
AUSENCIA DE PRODUCTOS MARIÑOS
Outro dos achádegos máis sorprendentes é a ausencia de alimentos mariños nas cerámicas documentadas, incluso en xacementos arqueolóxicos situados en zonas de costa, onde estes recursos alimenticios están claramente disponibles. Unha expepción é a zona do Báltico, onde tanto os recursos lácteos como os alimentos de procedencia mariña preparáronse en cerámica, o que ofrece aunha fiestra á riqueza das tradicións culinarias entre os primeiros agricultores de Europa occidental, e a capacidade que estes grupos tiveron para adaptarse ás distintas condicións climáticas e culturais.
O equipo de investigadores analizou os residuos orgánicos conservados nas cerámicas do Neolítico antigo procedentes de 24 xacementos arqueolóxicos situados entre Portugal e o Báltico, o que permitiu expandir o coñecemento sobre as prácticas culinarias destas primeiras sociedades agrícolas, o papel que desenvolveron os distintos alimentos e o seu impacto na dieta das primeiras comunidades campesiñas.
(Texto en español)