Un novo estudo desvela que o desmembramento foi unha práctica habitual nos rituais funerarios dalgunhas comunidades do Neolítico


Detalle dalgúns dos coitelos neolíticos atopados na cova israelí de Nahal Hemar / CSIC
13/8/2020
dolmendedombate.com/CSIC

Unha investigación do CSIC desvela que os coitelos atopados na cova israelí de Nahal Hemar foron depositados de forma intencionada como parte de cerimonias mortuorias durante o período Precerámico B, cara o ano 8.000 antes do presente.

A cavidade, excavada en 1983, é na actualidade un xacemento único e un dos máis enigmáticos do Neolítico de otodo Oriente Próximo, pois no seu interior atopáronse restos craneais de 23 individuos, así como unha gran cantidade de obxectos como máscaras, colares, figuriñas humanas, esculturas e, grazas á extrema aridez da contorna, restos ben preservados de texidos e obxectos de madeira, o que levou aos especialistas a interpretar a cova como de uso ritual.

No lugar, ademáis, recuperáronse tamén máis de 600 útiles de pedra e unha gran concentración de coitelos, que en parte veñen de ser analizados polos investigadores do Instituto Milà i Fontanals de Investigación en Humanidades do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que publicou na revista Quaternary International que algunhas das súas marcas, examinadas mediante análisis microscópico, apunta ao uso no proceso de desmembramento de corpos humanos, incluíndo a carne e o contacto con osos e cartílagos.

No Próximo Oriente, durante o Neolítico Precerámico B (Neolítico Medio e Recente, fai uns 10.000 anos), as prácticas rituais funerarias eran variadas. Nalgunhas zonas acostumábase a enterrar aos defundos no interior das vivendas, mentres que noutras rexións era habitual a extracción, manipulación e reubicación dos restos esqueléticos.

É coñecida por exemplo a práctica de extraer o cráneo para logo recubrilo con morteiro de cal reproducindo os rasgos humanos (nariz, orellas, ollos e boca). Estas prácticas de manipulación, desarticulación e descarnamento a miúdo deixaban marcas de corte nos propios ósos, sendo a súa identificación cada vez máis frecuente nos estudos antropolóxicos. Sen embargo, nunca antes chegara a plantexarse con que ferramentas (necesariamente coitelos) se levaron a cabo estas tarefas.

(Texto en español)