O Dolmen de Dombate e a "nova normalidade"

25/5/2020 

Algunha mente ilustre ven de decidir que a época de rebrote dunha pandemia como a do coronavirus, a peor que se recorda a escala contemporánea, é o momento ideal para promocionar o Dolmen de Dombate cunha serie de concertos a porta pechada no pavillón do megalito como parte dun menú dos máis variado. E todo, nun momento no que ata a propia Organización Mundial da Saúde recoñece o alto nivel de transmisibilidade que o virus ten polo aire.

A 24 de xullo, os novos casos de Covid-19 a nivel estatal subiron a 971 en tan só 24 horas, países como Francia e Portugal xa estudan o peche de fronteiras e ata o Ministerio de Sanidade recoñece que poderíamos estar a vivir unha segunda onda de contaxios. E Galicia tamén forma parte do repunte.

Mentres tanto, o afamado alcalde popular de Cabana de Bergantiños considera que é o momento da promoción turística . Porque aínda que no resto do país -e en boa parte do mundo-, a prioridade sexa protexerse fronte ao impacto do coronavirus, aquí o importante para José Muíño Domínguez e os seus acólitos é seguir coa matraca. É momento de reivindicarse e xustificar a cuantiosa subvención de 60.000 euros recibida da Deputación da Coruña. Para uns, por seguidismo partidista. A outros, porque lles vai o soldo niso.

A realidade, sen embargo, é que tan responsable é que deseña como quen permite e que este feito como tantos outros ao longo destes últimos anos volve demostrar que a maior urxencia é que a Xunta de Galicia se faga cargo do centro e derive a súa xestión a verdadeiros profesionais da arqueoloxía. Por desgraza, como así se ven demostrando, a día de hoxe o Dolmen de Dombate vai máis alá das capacidades da Deputación Coruñesa.

Deixando de lado a promoción turística mal entendida e o impacto do coronavirus, onde queda a protección das pinturas do monumento? permitiríase, por exemplo, na cova francesa de Lascaux un ciclo de concertos ao lado das súas pinturas rupestres? está claro que non. Primeiro por motivos de conservación, pero sobre todo por sentido común. Porque o Dolmen de Dombate non necesita máis promoción turística incontrolada, senón máis sentido común.

Poden parecer pouco, pero aún descoñecendo si o seu significado trascendía a finalidade ornamental no momento da súa execución, os tenues trazos de cor que todavía conserva nalgún dos seus ortostatos o Dolmen de Dombate conéctannos cun mundo apasionante e ignoto que merece, ante todo, o noso respecto e admiración.

Neste sentido, o Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico fala alto e claro: a necesidade de protexer os bens arqueolóxicos non só teñen que basarse no control administrativo e científico, senón que esta debe quedar tamén reflectida nas políticas de desenvolvemento cultural.

(Texto en español)