Monumento megalítico de Stonhenge (Wiltshire, Reino Unido) |
En xeral adoitan referirse a construcións funerarias de inhumación colectiva -tendo tamén finalidades de culto ou ritual-, na que se depositan os corpos co seu correspondente enxoval durante un período de tempo máis ou menos dilatado.
En Galicia a construción de monumentos megalíticos coma o Dolmen de Dombate é probablemente a primeira modificación consciente da paisaxe cunha finalidade simbólica, e axuda a comprender determinadas facetas de cómo desenvolveron a súa vida aquelas primeiras sociedades agrícolas nun pasado remoto.
(Texto en español)