Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate |
Este acordo fai patente a importancia de establecer "procedementos apropiados de control administrativo e científico" e que a necesidade de protexer o patrimonio arqueolóxico debe quedar tamén reflectida "nas políticas de desenvolvemento cultural".
Por iso, fai referencia a que aínda que debe asegurarse a apertura ao público de emprazamentos arqueolóxicos, hai que velar porque isto "non afecte negativamente o carácter arqueolóxico e científico de tales emprazamentos e da súa contorna".
Neste contexto, a actuación da Deputación da Coruña resultou máis que cuestionable. Tras anunciar en público a cancelación do convenio co Concello de Cabana de Bergantiños, o Deputado encargado de Contratación, Patrimonio e Equipamentos, Xesús Soto, deu marcha atrás de maneira inexplicable polas presións -entre outras- dos seus propios compañeiros de grupo provincial (BNG), Xosé Regueira e Manuel Muiño.
Xosé Regueira, actual responsable do Bloque Nacionalista Galego na Comarca de Bergantiños, non ocultou a súa intención de facer económicamente rendible o Dolmen de Dombate ao máis vello estilo capitalista cando actualmente este ben cultural é público e gratuíto. Manuel Muiño, actual rexedor da localidade de Zas, é curmán do alcalde de Cabana. Sobran comentarios ante a evidencia, pero o relato lembra a algúns escritos de Vicente Risco de hai case 100 anos.
En calquera caso o principal prexudicado segue a ser o propio recinto arqueolóxico, a súa conservación, e a protección dos seus valores culturais.
(Texto en español)