Colabora

Neste momento, a única solución factible é que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia poida facerse cargo do Dolmen de Dombate en función das súas competencias sobre o monumento como Ben de Interese Cultural (BIC).

Aínda que en moitas ocasións o Goberno galego non se caracterizou polos seus acertos na xestión de bens arqueolóxicos, o Servizo de Patrimonio conta con bos profesionais a nivel técnico en diferentes áreas, que a pesar dos problemas de coordinación interna que experimentan ás veces, fan que esta sexa a opción máis viable para protexer con garantías o complexo arqueolóxico de Dombate.

Se desexas axudar a que as cousas melloren e rescatar o Dolmen de Dombate da súa actual situación podes facelo cursando unha solicitude por escrito a:

Servizo de Patrimonio Cultural (Xunta de Galicia)
Xefatura Territorial da Coruña
c/ Vicente Ferrer, nº2
15781 A Coruña

Tamén por correo electrónico a patrimonio.cultura@xunta.es.

As novas xeracións agradecerancho. Porque protexer o Dolmen de Dombate é tarefa de tod@s.

(Texto en español)