O Dolmen de Dombate e o contexto esquecido

18/8/2022

En arqueoloxía, e en xeral podemos dicir que en calquera outra ciencia, o contexto o é todo. Porque nun monumento no que se olvidan as súas orixes -ou se perverten-, moitas das accións que nel se realizan están condenadas ao fracaso. 

No ano 2016, o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate perdeu unha magnífica oportunidade de ser xestionado directamente pola Administración galega, lonxe dos vaivéns que atravesou durante anos en mans da súa ctual propietaria, a Deputación coruñesa.

Foi do deputado Xabier Ron quen explicou no Parlamento de Galicia a urxente necesidade de administrar o monumento como o que era, un monumento, e incorporar unha xestión profesional alonxada do xogo político ao que era sometido entón, e que segue hoxe en día. "Todo apunta a que o Concello de Cabana non xestionou ben o centro da forma máis respectuosa co patrimonio cultural" -sinalou con claridade meridiana o parlamentario-.

Dende entón, e pasando xa dous deputados provinciais de Patrimonio polo cargo, as cousas foron a peor e a instalación só serviu para intercambiar "cromos políticos" tentando premiar -sen conseguilo- a aqueles que como José Muíño Domínguez (PP), alcalde de Cabana, contribuiron a que o monumento fose sacado de contexto.

Porque por si a alguén se lle olvida o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate serviu nestes últimos anos, entre outras moitas e variopintas actividades, como posto de venta de cestos, exposicións de gancho, bar de desgustación de tapas de berberecho ou sala de concertos -e de desconcertos- por toda a área protexida. E para completar o menú, actividades de circo, autorizadas sen rubor en 2021 polo responsable de Patrimonio Xosé Luis Penas Corral (BNG), que leva camiño de facer bo ao seu predecesor no cargo.

Como sempre hai que recordar que a crítica, sen embargo, é lexítima. Non só porque lles guste ou non trátase de cargos públicos pagados cos impostos da cidadanía e por suposto suxeitos a escrutinio senón porque boa parte da comunidade arqueolóxica -non os que viron beneficiada a súa imaxe pública a costa do monumento- considera que esta está lonxe de ser unha maneira de proceder no que a priori debería ser única e exclusivamente un centro arqueolóxico.

Neste punto non está de máis repetir o que xa se dixo ata a fartura, que o Convenio Europeo para a Protección do Patrimonio Arqueolóxico sinala que este é "unha testemuña da historia antiga" e que "está gravemente ameazado de deterioración", razón pola que debe protexerse "en tanto que fonte de memoria colectiva europea e como instrumento de estudo histórico e científico". De aí que o establecemento de "procedementos apropiados de control administrativo e científico" sexa fundamental e que estos deben verse reflectidos "nas políticas de desenvolvemento cultural" velando porque a realización de calquera tipo de actividade "non afecte negativamente ao carácter arqueolóxico e científico de tales emprazamentos e a súa contorna".

Como reflexión final, sirva o que unha vez afirmou certo autor sobre que "o peor do ser humano é a estupidez" porque esta "é o peor inimigo" e "os estúpidos causan máis dano que os malvados" porque "a estupidez déixanos indefensos ante a realidade". E ao final é así como pouco a pouco "suicidámonos" sen escoitar os sinais "que nos da o mundo" facendo que este sexa peor e sen solución a curto prazo.

(Texto en español)