4/4/2021
Que o Centro Arqueolóxido do Dolmen de Dombate sexa noticia non debería sorprender a ninguén. Pero que tras anos de altibaixos o faga como instalación museística e se dedica, por exemplo, a tarefas de divulgación científica, podería ser un sinal de que algo podería cambiar no futuro. O que custa adiviñar (ou non) é en qué dirección.
Para quen teña mala memoria en 2016 o deputado Xabier ron levou ao Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei instando á Xunta a facerse cargo do monumento ante a incorrecta xestión que se estaba a desenvolver no megalito e a súa contorna. Apostaba entón o parlamentario por unha xestión do monumento pública pero profesional e sobre todo orientada "a preservar e dar a coñecer este Ben de Interese Cultural para o goce da cidadanía".
"Todo apunta a que o Concello de cabana non xestionou ben o centro e da forma máis respectuosa co patrimonio cultural" -reza textualmente o texto da PNL presentada na Cámara-, deixando en evidencia tanto o incumprimento do convenio asinado coa deputación por parte do alcalde José Muíño Domínguez (PP), como a falta de seguimento do ente provincial, entonces con Xesús Manuel Soto Vivero (BNG) a fronte de controlar as condicións da instalación, algo que evidentemente non fixo ao terminar renovando o acordo co consistorio.
Quizais Xabier Ron podería ser considerado lego en materia cultural ou iluminado activista pero non é o caso porque o deputado, doutor en Literatura Medieval e profundo coñecedor da cultura galega era sen dúbida a persoa máis acreditada a nivel parlamentario naquel momento para levar a bo porto unha iniciativa destas características.
O TEMPO PASA PERO A SITUACIÓN PERMANECE
Algunhas cousas cambiaron dende Entón, pero os vaivéns foron a norma nunha utilización constante e interesada do recinto que foi da política á cociña, da calceta á venda de cestos. Por iso sorprende tanto que despois de tantos avatares algúns se empeñen en dar protagonismo ao mesmo persoeiro que está na orixe da problemática asociada ao Dolmen de Dombate.
Porque a presentación de "A luz da Ciencia", xornadas apadriñadas polo físico Jorge Mira supuxo, ante todo, un científico "lavado de cara" da imaxe pública do alcalde de Cabana de Bergantiños ante tantos errores cometidos. Cun obxectivo loable, como é o da divulgación, pero cun resultado mediático que para moita xente foi máis cercano en momentos concretos ao respaldo dun candidato en campaña electoral que á promoción do coñecemento.
Unha actuación sobre a que reflexionar en profundidade, non cabe dúbida, máis cando o Dolmen de Dombate é "de incomparable beleza patrimonial" e pola súa esencia pertence ao pobo galego, non a intereses espúreos ou partidistas, tal e como recordaba o deputado na súa atinada intervención parlamentaria, e que na práctica non entende nin de guias "oficiais" nin de propaganda política.
(Texto en español)