A transformación do óxido de ferro, clave dos colorantes empregados con fins ornamentais e domésticos durante o Paleolítico final e o Neolítico

O ocre en todas as súas variantes foi un elemento amplamente utilizado durante a prehistoria / Wikimedia

15/4/2021
dolmendedombate.com/UV

Un equipo de investigación das universidades de Valencia (UV) e de Artes e Ciencias Aplicadas do Sur de Suiza ven de publicar un estudo que caracteriza o aprovisionamento e procesado do óxido de ferro para obter ocre e distintos tipos de colorantes durante amplos períodos da prehistoria.

O traballo, publicado na revista Geoarchaeology, supón o primeiro deste tipo centrado no proceso de captación de óxidos minerais, a súa transformación física e as ferramentas que para tal fin foron empregadas ao longo do Paleolítico final, o Mesolítico e o Neolítico, nun período comprendido entre fai 15.000 e 6.000 anos.

A investigación céntrase nos ocres recuperados nas Covas de Santa Maira (Castell de Castells, Alicante), de espazos domésticos e a súa contorna xeolóxica inmediata para coñecer a súa procedencia, así como a intensa actividade de transformación detectada no procesamento do mineral, no que se empregaban útiles de pedra para machacar e moler os óxidos.

Ata a realización desde estudo, os traballos de investigación sobre os óxidos minerais na cunca mediterránea trataban únicamente acerca dos colorantes empregados na arte prehistórica pero sen embargo non existía unha investigación baseada en mostras arqueolóxicas e xeolóxicas desenvolvidas con análises xeoquímicos e mineralóxicos.

Ao longo da evolución humana, o emprego dos óxidos de ferro considérase unha evidencia significativa para o recoñecimento das capacidades cognitivas, o simbolisto e a linguaxe, pois ocres e outros colorantes utilizáronse na arte prehistórica para plasmar motivos figurativos e xeométricos, pero tamén empregados con finalidades domésticas, como a protección da pel ou o curtido e conservación do coiro.

(Texto en español)