O Dolmen de Dombate perde o norte

3/8/2020 
 
Unha programación cultural que en moitos casos semella pouco axeitada para un centro arqueolóxico marca o ritmo do verán no megalito.

O ano 2020, o do coronavirus, recordarase tamén por ser o ano no que o Dolmen de Dombate converteuse, literalmente, nun circo, mentres segue o intercambio de cromos na Deputación da Coruña. Se ista é a "alternativa de Goberno" que nos agarda mellor cruzar o Atlántico: México espera.

Manoseo reiterado e reincidente no centro arqueolóxico, unha tumba neolítica convertida en discoteca nunha carpa invisible onde xa tan só falta unha manada de elefantes cun grupo de majorettes marcando o paso. Que pena ver o que foi un enclave sagrado para os nosos antergos desta forma.

Están quenes aspiran á permanencia e tragan con todo, os que benefician o seu ego -e tamén as súas carteiras- e quenes non teñen moi claro que fan por alí, porque nas presentes circunstancias todo entra no saco. É o "The Big One" do documentalista norteamericano Michael Moore. "Faime grande" que algo sempre queda, debe pensar o ilustre xerente que fomenta o desgoberno.

Din que a Cultura con maiúsculas, sobre todo a arqueolóxica, ten unha medida xusta, moderada, comedida, respectuosa con e para o Patrimonio que defende, como pode verse en calquera recinto de esta índole que se precie.

Fronte a isto, subvencións públicas e non poucas veces vulgaridade e propaganda política nun monumento que vive confinado, no físico e a miúdo tamén no cultural. Como con certeza afirmou fai uns anos un recoñecido arqueólogo, a estas alturas Dombate converteuse en "Dombáter", e ten poucos visos de solución.

A erdanza megalítica, mentres tanto, languidece baixo terra e sobre ela, á espera de tempos mellores e políticos -e asesores- máis cultos e con máis criterio.

(Texto en español)