A Cista da Ínsua, un descoñecido tesouro da Idade do Bronce en Galicia

Vista xeral da Cista da Ínsua
11/8/2020
dolmendedombate.com

No ano 1975 e durante a realización de labores agrícolas apareceu no concello coruñes de Cabana de Bergantiños, 600 metros ao SSE do Dolmen de Dombate, unha estrutura funeraria que hoxe forma parte da colección do Museo Arqueolóxico da Coruña.

Detalle dunha das lousas da Cista da Ínsua
Deste xacemento pertencente á denominada "Idade do Bronce" e datado cara o segundo milenio antes do presente consérvanse na actualidade sete lousas, catro das cales presentan decoración gravada, constituíndo un sitio arqueolóxico recoñecido polos expertos como de elevado potencial, dado que segundo testigos presenciais, na zona existirían máis restos de semellantes características.

A decoración da Cista da Ínsua presenta motivos xeométricos
As cistas foron enterramentos de cámara simple e de forma rectangular, de escasa profundidade e cuberta adintelada, asociados a rituais tanto de inhumación como de incineración e enterramentos colectivos (no período megalítico) ou individuais (especialmente a partir da Idade do Bronce).

Neste último período afianzouse o uso do metal e a xerarquización da sociedade, e proba disto son os enterramentos en cista, onde a miúdo se teñen atopado enxovais compostos de diferentes obxectos como armas e adornos. Hoxe en día, os especialistas pensan que a consecuencia da demanda de metais, apareceron diversos asentamentos vinculados ao comercio ao longo de toda a costa atlántica europea, e que a través deles chegou ao noroeste peninsular un novo corpus de ideas e tecnoloxías procedentes do Mediterráneo, o que finalmente derivaría na introdución do ferro e unha nova etapa da prehistoria.

(Texto en español)