5/5/2019
Mentres o alcalde de Cabana de Bergantiños e o seu asesor cultural parecen
confundir por momentos o centro arqueolóxico co salón parroquial de
Borneiro (ou de calquera outra localidade galega), a Deputación da
Coruña renunciou a efectuar unha xestión profesional do monumento e así
lle vai. A última, unha clase infantil de música dentro do recinto (e co auditorio municipal, por suposto, baleiro).
Sería interesante pescudar como entende José Muíño Domínguez o concepto de museo arqueolóxico como rexedor do público, máis cando se acaba tendo coñecemento que ao longo do tempo que dura o afamado convenio de colaboración co ente provincial o recinto dedicouse ocasionalmente á exposición e venda de cestos de vimbio ou á degustación gastronómica de tapas de berberecho. A estas alturas a cuestión musical é case o de menos.
Porque en realidade non vai de música, senón de dar a nota, de utilizar o recinto como altofalante dos intereses do PP a nivel local mentres o BNG na Deputación coruñesa consente (e mesmo) apoia sen maiores problemas esta situación que remestura o ámbito arqueolóxico con calquera outro guiso que sexa posible imaxinar. 60.000 euros de convenio teledirigidos a dedo en función dos intereses que conveñan á ilustre parella.
Sería posible esta situación en calquera outro centro arqueolóxico dun país europeo? Chegarían a organizarse clases de acordeón, violín ou pandeireta se chega a ser o caso no museo da cova francesa de Chauvet-Pont d' Arc? Non hai que complicarse moito para atopar a resposta, máis tendo en conta que este tipo de recintos por todo o continente, ou polo menos os que van en serio, dedícanse en exclusiva ao estudo e posta en valor da prehistoria, non á foliada permanente.
Desde a sinceridade, para algúns dos veciños da parroquia o Dolmen de Dombate seguirán a ser aquelas "catro pedras" mal colocadas que na práctica non serven para nada. Para moitas das persoas que viviron as súas distintas épocas -e non poucos especialistas-, un lugar que pasou da nada á desmesura mentres ao longo do tempo desatendeuse o restante patrimonio arqueolóxico da bisbarra. Para os amantes do público e da prehistoria, un sinsentido a expensas dos avatares políticos. E Dombate e o seu legado, mentres tanto, cheo de barola e encofrado sen solución á vista.
(Texto en español)
Un trío de mariachis, próxima intervención no centro arqueolóxico? |