12/6/2018
Dende o ano 2016 e ata o presente os responsables das áreas de
Patrimonio e Cultura da Deputación da Coruña (ambos do BNG) parecen
esquecer que o Dolmen de Dombate é (e debería seguir a ser) un ben
público e gratuíto.
Se xa en por si resulta lamentable que a formación frontista facilitase ao Partido Popular unha xestión de barra libre no monumento, estes últimos dous anos a despublicación do convenio de colaboración co Concello de Cabana de Bergantiños na web do organismo supuxo un claro intento de acalar as críticas. Ollos que non ven corazón que non sinte.
Que conste que hai que recoñecer que non é que os convenios se respectasen moito, pois se temos en conta os condicionantes impostos no desenvolvemento dos seus dous primeiros anos do acordo, habería motivos máis que suficientes para poñer en mans dun equipo independente e profesional a xestión do monumento, como no seu momento se pediu no Parlamento de Galicia. Pero de aí a que a cidadanía non poida saber como e onde se empregan os 60.000 euros do acordo media un mundo. Non se pode discrepar do que non se coñece, pensarán algúns.
Cabe preguntarse como entenden estes xestores temporais do público o concepto de transparencia, pois só despois das repetidas queixas de varias asociacións da Comarca de Bergantiños manifestaron coa boca pequena e tras a consulta dalgún medio de comunicación a súa intención de publicar o que xa hai moito tempo que tería que coñecerse. Con todo e polo momento, transparencia cero no Dolmen de Dombate.
(Texto en español)