Un patrimonio en común

Monumento megalítico de Stonhenge (Wiltshire, Reino Unido)
O megalitismo é un fenómeno cultural localizado na Europa Atlántica e o Mediterráneo occidental, iniciado a finais do Neolítico (V milenio AP) e ata a denominada Idade do Bronce caracterizado pola construción de diversos tipos de construcións con bloques de pedra habitualmente de grandes dimensións.

En xeral adoitan referirse a construcións funerarias de inhumación colectiva -tendo tamén finalidades de culto ou ritual-, na que se depositan os corpos co seu correspondente enxoval durante un período de tempo máis ou menos dilatado.

En Galicia a construción de monumentos megalíticos coma o Dolmen de Dombate é probablemente a primeira modificación consciente da paisaxe cunha finalidade simbólica, e axuda a comprender determinadas facetas de cómo desenvolveron a súa vida aquelas primeiras sociedades agrícolas nun pasado remoto.

(Texto en español)