Protexer Dombate

Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate
O Convenio Europeo para a protección do patrimonio arqueolóxico, elaborado na Valeta (Malta) en 1992 e ratificado polo Goberno español en 2011, recoñece que o patrimonio arqueolóxico europeo, como "testemuña da historia antiga" está "gravemente ameazado de deterioración" e por iso sinala que o obxectivo dos Estados ten que ser o de "protexer o patrimonio arqueolóxico en tanto que fonte de memoria colectiva europea e como instrumento de estudo histórico e científico".

Este acordo fai patente a importancia de establecer "procedementos apropiados de control administrativo e científico" e que a necesidade de protexer o patrimonio arqueolóxico debe quedar tamén reflectida "nas políticas de desenvolvemento cultural".

Por iso, fai referencia a que aínda que debe asegurarse a apertura ao público de emprazamentos arqueolóxicos, hai que velar porque isto "non afecte negativamente o carácter arqueolóxico e científico de tales emprazamentos e da súa contorna".

Neste contexto, a actuación da Deputación da Coruña resultou máis que cuestionable. Tras anunciar en público a cancelación do convenio co Concello de Cabana de Bergantiños, o Deputado encargado de Contratación, Patrimonio e Equipamentos, Xesús Soto, deu marcha atrás de maneira inexplicable polas presións -entre outras- dos seus propios compañeiros de grupo provincial (BNG), Xosé Regueira e Manuel Muiño.

Xosé Regueira, actual responsable do Bloque Nacionalista Galego na Comarca de Bergantiños, non ocultou a súa intención de facer económicamente rendible o Dolmen de Dombate ao máis vello estilo capitalista cando actualmente este ben cultural é público e gratuíto. Manuel Muiño, actual rexedor da localidade de Zas, é curmán do alcalde de Cabana. Sobran comentarios ante a evidencia, pero o relato lembra a algúns escritos de Vicente Risco de hai case 100 anos.

En calquera caso o principal prexudicado segue a ser o propio recinto arqueolóxico, a súa conservación, e a protección dos seus valores culturais.

(Texto en español)