Introdución

Vista do corredor e da cámara do Dolmen de Dombate
O Dolmen de Dombate, considerado como a xoia do período megalítico en terras galegas, está en perigo. Tras décadas de abandono e incomprensión por parte das distintas administracións implicadas na protección deste Ben de Interese Cultural (BIC), os sucesivos convenios asinados pola Deputación da Coruña co Concello de Cabana de Bergantiños desde o 2014 resultaron non ser a mellor das solucións.

En mans de José Muiño, alcalde de Cabana (PP) e o seu asesor de Cultura, José María Varela, Dombate e a súa contorna convertéronse nun mero salón de actos onde é posible a realización de calquera actividade imaxinable, desde certames de cantería ata probas deportivas que en absoluto gardan relación co contexto arqueolóxico do enclave, monumento funerario colectivo datado no IV milenio antes do presente.

A situación que atravesa o monumento sería impensable noutros países europeos, onde este tipo de xacementos coma o Dolmen de Dombate, que atesoura pinturas e gravados prehistóricos, gozan da máxima protección e dun réxime de actividades acorde co seu carácter e importancia.

(Texto en español)