Os megalitos europeos foron decorados con pinturas funerarias durante o Neolítico

O Dolmen de Dombate presenta decoración funeraria no seu interior
27/8/2020
dolmendedombate.com/UNED/UAH

Investigacións realizadas pola Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) e a Universidad de Alcalá de Henares (UAH) confirman que esta forma de arte primitiva formaba parte de rituales mortuorios amplamente extendidos polo continente.

Na análise das mostras, tomadas previamente en seis localizacións da Bretaña francesa, empregouse unha técnica non destrutiva que utiliza a denominada espectroscopía Raman a escala microscópica para detectar cada un dos seus componentes. Logo de identificar os minerais propios dos sustrato, rocas graníticas e calcáreas, os expertos atoparon hematita, un óxido de ferro que se utilizaba  para conseguir a cor vermella, así como carbón amorfo e óxidos de manganeso, ambos habituais nas pinturas negras.

A análise dos pigmentos enmárcase nun proxecto de investigación da UAH, que analiza o papel que xogaban as pinturas na decoración dos megalitos atlánticos. Os resultados están a permitir coñecer máis sobre os ritos funerarios que eran habituais na Europa de fai milenios, un mundo ideolóxico e simbólico complexo e de difícil interpretación.

Doutra banda, a semellanza dos motivos pictóricos representados unida á similitude de técnicas e materiais empregados reforzan a hipótese de posibles conexións entre grupos humanos xeográficamente distantes e revelan a expansión dunha cultura funeraria por todo o continente.

(Texto en español)