O Dolmen de Pedra da Lebre, unha xoia olvidada no corazón de Vimianzo

Dolmen de Pedra da Lebre / vimianzo.gal
25/8/2020
dolmendedombate.com

Declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2011 e tamén coñecido como Anta de Serramo, este descoñecido monumento megalítico atesoura vestixios de antigua decoración neolítica en catro dos seus esteos.

Situado a uns 8 qm. do pobo coruñés de Vimianzo nunha paraxe recentemente acondicionada polo concello para a súa visita, o Dolmen da Pedra da Lebre, de tipoloxía poligonal e corredor curto, é o recordo do que un día foi, non se aprencian xa restos da mámoa orixinal e a súa cámara está alterada.

Sen embargo, o seu tesouro está no interior, pois a finais da década de 1990 descubríronse en catro das súas lousas leves mostras de pintura prehistórica negra e vermella que aportou unha datación orientativa -aínda suxeita a investigación- de entre o 5.300 e o 4.700 antes do presente (AP), o que o convertiría por dereito propio nun dos monumentos megalíticos máis antigos de Galicia.

Catro dos esteos do dolmen presentan vestixios de pintura prehistórica
Como en outros miles de exemplos dipersos por todo o continente, o Dolmen de Pedra da Lebre é sinal dun cambio nos rituais de inhumación da prehistoria, reflexo dun novo modelo de sociedade no que progresivamente foi cobrando importancia o sentimento de pertenza ao grupo a través do enterramento colectivo.

(Texto en español)