O Dolmen de Dombate e a orquestra do Titanic

16/8/2020

Campaña publicitaria do Titanic en medios impresosda época / Dominio Público
Mentres os rebrotes da Covid-19 impoñen restriccións ao longo e ancho do continente europeo e as cifras de contaxios se disparan en Galicia, o alcalde de Cabana de Bergantiños e o seu asesor de Cultura aceleran a máquina no centro arqueolóxico con actividades nas que participan decenas de persoas dentro da área do recinto.

Parece ouvirse ao lonxe un: "Manteñan a calma, somos a orquestra do Titanic", e a música segue a sonar, tal como fixo a Wallace Hartley Band, que pertenceu ao afamado trasatlántico afundido logo de chocar cun iceberg durante o seu viaxe inaugural na noite do 14 ao 15 de abril de 1912. Aínda que ningún dos integrantes da banda sobreviviu ao naufraxio, dicen que esta non deixou de tocar incluso cando xa era seguro o afundimento do barco.

Alén da frecuente e obsesiva defensa de actividades que nada teñen que ver coa arqueoloxía no recinto prehistórico hai que preguntarse se José Muíño Domínguez (PP) e José María Varela Martínez son conscientes da situación sanitaria actual como perceptores dun salario público.

Porque pode que a distancia social de dous metros, as mascarillas, o xel hidroalcohólico e as palmadas no hombro xa non sexan suficientes. Máis cando un estudo científico da Universidade de Florida indica que o virus pode contaxiarse, en determinadas circunstancias, a cinco metros de distancia.

A crítica política, aínda que non sempre guste, é lexítima. E nas presentes circunstancias non se pode falar de "nova normalidade" senón de "extrema gravidade". Falamos de que segundo o balance estatístico remitido pola Consellería de Sanidade o 15 de agosto, o número de casos positivos por coronavirus situouse en Galicia en 1.158, 105 máis que os anunciados o día anterior (1.053).

O máis preocupante é que a área sanitaria da Coruña e Cee, onde se atopa Cabana de Bergantiños, a parroquia de Borneiro e o propio dolmen aglutina a maioría de casos (o 78% do total en Galicia nas datas mencionadas), e aínda que a mobilidade todavía non esté restrinxida, a realidade é que a zona supera xa os 700 casos activos que neste momento supoñen máis do 60% dos positivos na comunidade autónoma.

Salvador Illa ven de anunciar novas medidas restritivas dende o Ministerio de Sanidade e Europa pecha fronteiras a cal e canto mentres os representantes públicos de Cabana de Bergantiños falan de cantos records batíronse este ano no Dolmen de Dombate, que pode con todo, incluso co sentido común.

Mentres tanto, en Galicia atísbase unha situación complicada, pois xa son 44 as persoas hospitalizadas pola enfermidade e ven de haber dous novos falecementos, deixando en 624 a cifra de vítimas morais. Na Área Sanitaria da Coruña e Cee os casos multiplicáronse por 3,5 na última semana e a situación xa é equiparable á que obrigou ao peche da Mariña a principios de xullo. Así o indican os datos.

Pero non hai problema, porque no Dolmen de Dombate, a orquestra do Titanic seguirá tocando.

(Texto en español)