Un premio "sostible" (e electoral) para facerse a foto no Dolmen de Dombate

21/9/2016


Ultimamente, o Dolmen de Dombate está a revivir algúns dos pesadelos as súas peores épocas. Desprezado, deostado, abandonado, esquecido durante décadas e repentinamente manipulado, manoseado e utililizado interesadamente como nunca antes.

Cuberta artificial do Dolmen de Dombate
Xa todo é posible. Se hai poucas semanas era unha entrega de premios orquestrada polo poder local e os seus secuaces a piques de empezar a campaña electoral que levantou as iras da Deputación da Coruña, agora é un galardón outorgado directamente ao monumento polo Clúster da madeira e ou deseño de Galicia a 48 horas da xornada electoral galega.

O motivo, a loable "aposta polo desenvolvemento sustentable e a utilización de materiais naturais".

Pero...alguén cre tal? que isto non vaia a converterse nun acto para maior gloria dunha clase política que prostituiu sen ningún tipo de miramientos o principal monumento neolítico de Galicia á súa vontade? que non vaia a transmutarse nunha pura foto para algúns mentres o megalito segue sufrindo os efectos da basta manipulación política e a incompetencia?

Por suposto hai escusa oficial. É que o día 23 de setembro é o "Día Mundial da Construción Sostible". A cuestión é, por que non se entregou o premio cando se inaguró a cuberta hai anos? a santo de que se entrega a dous días das eleccións máis rifadas da historia recente de Galicia?

E iso non é todo. É que aínda por riba non son poucos os expertos os que deixaron claro que a cuberta en cuestión será unha marabilla a nivel arquitectónico, pero non resultou eficaz para cumprir a función que debería, que non é outra que a de protexer o monumento.

Quizais o profesor da Universidade de Barcelona Joan Santacana tivo máis valor que o resto ao plasmar os seus pensamentos en público, e non deixa lugar a dúbidas coas súas afirmacións facendo referencia ao que "puido ser" o Dolmen de Dombate nunha reflexión persoal.

Santacana apostou desde o principio por unha vía alternativa para Dombate, un recinto climatizado e controlado térmicamente que servise para protexer o maior tesouro do dolmen, que son as súas pinturas. O experto pregúntase agora co maior acerto "por que lle construiron esta custoso andamio se non ían protexer as pinturas?" e "de que serve todo iso se se vai a enmohecer todo o túmulo?". En definitiva, que a actual cuberta "é unha enorme estrutura que non ten moito sentido se nos atemos á conservación".

Non hai máis que comparar os niveis da arqueoloxía catalá e a galega, e o como no oriente peninsular potencian, valoran e respectan os seus máis prezados monumentos da prehistoria para darse conta de que o que sucede en Dombate. Lamentablemente, o que é un exemplo alá, aquí converteuse en improvisada romaría.

(Texto en español)